>>Normas para a adxudicación de destinos CADP
O prazo para formular a solicitude será de 15 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. (Do 30 de xuño ao 20 de xullo)
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Para estes efectos, O persoal docente do corpo de mestres interesado deberá ter en conta que no próximo curso académico 2020/21 entra en funcionamento O CEIP Novo Mesoiro (A Coruña), código do centro: 15033228.
Aquelas persoas que estando obrigadas non presenten unha solicitude, entenderase que se acollen á validez da formulada para o curso académico 2018/19 ou 2019/20.
As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda e por especialidades e orde de prioridade, publicaranse no portal de internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ o 30 de xuño de 2020. Abrirase un prazo de 5 días para reclamacións.
A data previsible de publicación da lista definitiva é o 24 de xullo de 2020.
Contra a resolución que publica a lista definitiva de persoal docente interino e substituto excluído da participación na adxudicación de destinos provisionais, que lle pon fin á vía administrativa, As persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Centros e RRHH.
- RESOLUCIÓN PROVISIONAL de MESTRES: 27 de xullo de 2020. Haberá 2 días para reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional por sede electrónica.
- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA de MESTRES : 31 de xullo de 2020.
- RESOLUCIÓN PROVISIONAL de SECUNDARIA: 31 de xullo de 2020. Reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional ata o 3 de setembro por sede electrónica.
- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA de SECUNDARIA: 10 de setembro de 2020.