Certame de Cooperativismo no ensino


09 Xan, 2020

DOG - ORDE do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR802O).

- Ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

- Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado, segundo as modalidades e nos termos previstos nestas bases.

- O alumnado dos centros educativos de Galicia poderá presentar os traballos nas seguintes modalidades: 

a) Actividades artísticas, tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías ou vídeos, dirixidas ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial. 

b) Actividades cooperativizadas, dirixidas ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

-  As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802O  

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://notifica.xunta.gal)

- O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2020. Non obstante, se o período de presentación resultase inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.