O prazo de presentación será dende o día seguinte á publicación desta Resolución ata o día 15 de xaneiro 2020.
Solicitude a través de www.edu.xunta.es/programaseducativos / > contrasinal de EDU da persoa directora en "entrar" > contratos-programa > 2019-2020 > seleccionar (na parte inferior) > Listaxe programas (no menú da esquerda) > Iniciativa ARCO > Solicitar
Resolución do 19 de decembro de 2019
Corrección de erros á Resolución do 19 de decembro de 2019
A iniciativa, dirixida a alumnado matriculado en centros docentes públicos, consta das seguintes liñas que desenvolverán axustes educativos dentro da aula ordinaria, co obxecto de favorecer a súa participación no grupo-clase e a consecución do máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional de todo o alumnado:
LIÑA 1, dirixido a alumnado de 5º e 6º de educación primaria. (90 docentes a tempo completo de EP ou PT) Mínimo con 10 alumnos por nivel
LIÑA 2, dirixido a alumnado de 1º ESO. (36 docentes a media xornada, profesorado de ensino secundario das seguintes especialidades: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, lingua inglesa e francesa e xeografía e historia, matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía e tecnoloxía, así como, profesorado da especialidade de pedagoxía terapéutica). Mínimo con 10 alumnos por nivel
LIÑA 3, dirixido a alumnado de 4º ESO. (36 docentes a media xornada, profesorado de ensino secundario das seguintes especialidades: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, lingua inglesa e francesa e xeografía e historia, matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía e tecnoloxía, así como, profesorado da especialidade de pedagoxía terapéutica). Mínimo con 8 alumnos por nivel
Todo o procedemento de solicitude realizarase unicamente na aplicación www.edu.xunta.es/programaseducativos. A persoa que exerza a función da dirección do centro ou persoa autorizada será quen terá todos os permisos de creación da solicitude. A solicitude será informada polo servizo territorial de inspección educativa correspondente. A solicitude de participación nas accións de ARCO será aprobada pola dirección do centro, previa información ao claustro e o consello escolar.