Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente ás persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), agás a Ana Isabel Molanes González do corpo de mestres, que non puido ser avaliada da fase de prácticas e a Marcos Salgado Rodríguez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, por non ter superada a fase de prácticas, así como a Carlos Lixó Gómez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, e a Alba Carballo González, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, por ter concedido ambos o aprazamento da fase de prácticas.
Segundo. Igualmente se exceptúa a Santiago José Cruz Muñoz do corpo de mestres, que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril), por ter concedido un novo aprazamento da fase de prácticas.
Terceiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente ás persoas opositoras, do corpo de mestres Santiago Eduardo Pato Rodríguez que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) e Vanesa María Villar García que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).
Cuarto. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras, Noelia María Galán Rodríguez do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés, e María Eulalia Agrelo Costas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua e literatura galega que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas e que foron seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e, acceso ao corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).