WEB - Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020
Resolución do 25 de xuño de 2019
O prazo para presentar solicitudes e documentación finalizará o 30 de setembro de 2019
Este programa vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria.
Poderá participar neste programa o profesorado que imparta docencia en educación infantil ou primaria do centro solicitante, con preferencia para os de 4º, 5º ou 6º de educación primaria durante o curso 2019/20.
Os centros que participaron neste programa durante o curso 2018/19 poderán solicitar unha ampliación da súa participación presentándose a esta convocatoria. A súa selección estará suxeita a que non se cubran todas as prazas para centros de nova incorporación.
Os centros participantes neste programa durante o curso 2018/19, considérase automaticamente prorrogada a súa participación e non precisan realizar unha nova solicitude como consecuencia do proceso de continuidade e consolidación do proxecto.
A solicitude (anexo) e a documentación débese presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ademais, tanto o anexo como a documentación remitiranse ao correo electrónicoroboticaprimaria@edu.xunta.gal nos prazos establecidos.
Actividade de innovación educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.