CADP 2019 - Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais para o curso académico 2019/20


26 Xun, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2019/20 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

No Diario Oficial de Gaicia núm. 113, do 14 de xuño de 2018, publicouse a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional.

Segundo. O prazo para formular solicitudes, que se presentarán do xeito que establece o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, é de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Dende o 27 de xuño ao 17 de xullo

ENLACE para participarhttps://www.edu.xunta.es/cadp

Terceiro. As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda e por especialidades e orde de prioridade, publicaranse no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ o 2 de xullo de 2019.

Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar, abrirase un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións. Transcorrido este prazo publicarase a lista definitiva do persoal docente que ten a obriga de participar. A data previsible de publicación da lista definitiva é o 26 de xullo de 2019.

Cuarto. A data previsible de resolución provisional do concurso e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para o corpo de mestres, é o 26 de xullo de 2019.

Para o corpo de mestres, o prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é de dous (2) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/

Quinto. A data previsible de resolución provisional do concurso e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para os corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, é o 31 de xullo de 2019.

Para estes corpos, o prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é o comprendido entre o día seguinte ao da súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/ e o 3 de setembro de 2019.

As reclamacións ou renuncias indicadas no parágrafo anterior formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). 

A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para o corpo de mestres, é o 1 de agosto de 2019. 

A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/, para os corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, é o 10 de setembro de 2019.

Sétimo. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, https://www.edu.xunta.es/cadp e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018.