594460- Linguaxe musical - PRIMEIRA PROBA
Parte A: 22 de xuño de 2019; Hora: 11.00. // Parte B: 13 de xullo de 2019; Hora: 9.00.
Lugar: Conservatorio Superior de Música de Vigo. Rúa de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra.
Corrección de erros relativa ás probas de:
INFORMÁTICA E BIOLOXÍA e XEOLOXÍA: «Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha que, pola súa vez, poderá constar de varias partes, agás na proba deidenticación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía, así como na especialidade de Informática, nas cales os tribunais proporán unha soa opción».
EOI (INGLÉS:
1. A partir dunha audición na lingua pola que se oposita proposta polo tribunal:
– Resumo da información que contén.
– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.
2. A partir dun texto escrito en prosa actual de carácter non exclusivamente literario proposto polo tribunal:
– Análise do texto tendo en conta: tipo e xénero textual, funcións comunicativas (principais e secundarias) e recursos estilísticos.
– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.
3. Unha tradución inversa dun texto actual literario ou xornalístico ou unha tradución directa dun texto actual literario ou xornalístico proposto polo tribunal».