Poderán participar nesta convocatoria o alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2019. Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.
Número de prazas: 300. Importe individual: 484 euros.
1. Estas actividades realizaranse en réxime de internado, en períodos semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá.
2. Levaranse a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2019.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de xullo de 2019.