Convocatoria do programa de dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat - Bachibac


21 Mai, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2019/20.

A regulación e convocatoria da incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2019/20 estará dispoñible na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal/portal.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

A solicitude de autorización formulada pola Dirección do centro, xunto con toda a documentación requirida, deberase dirixir á xefatura territorial correspondente, que a trasladará, co informe da Inspección Educativa, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Ademais, remitirase copia ao correo electrónico edulinguas@edu.xunta.es nos prazos establecidos.

Anexos I, III e iV

Anexo II