Reintegros individuais por asistencia a actividades de formación 2018


14 Mai, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

Mediante a Orde do 13 de xullo de 2018 (DOG do 30 de xullo), regúlase o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

O artigo noveno establece que unha vez concedida a totalidade dos reintegros, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das persoas beneficiarias deles. 

Único. Dar publicidade á relación de persoas beneficiarias que figuran no anexo.