Primeiro. Adxudicarlle destino definitivo, en virtude de concurso de traslados, ao persoal funcionario docente que figura no anexo I desta resolución, nos centros e sedes que nel se especifican.
Segundo. Declarar en situación de expectativa de destino o persoal funcionario dos corpos docentes que se relacionan no anexo II.
Terceiro. Publicar a relación definitiva de persoas excluídas que se relacionan no anexo III, polas causas que se indican.
Cuarto. No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos de traballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que impartan ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el (DOG núm. 169, do 1 de setembro).
Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que participa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido. Se participaron con carácter voluntario, adquirirán o dereito preferente á localidade e á zona na cal se lle anula o posto de traballo obtido ou en que tiña acreditado o destino definitivo, á súa elección, sempre e cando a súa resulta non fose cuberta.
Quinto. De conformidade co establecido na base trixésimo cuarta da Orde do 15 de outubro de 2018 (DOG do 31 de outubro), a toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2019, polo que o cesamento nos centros anteriores expedirase con efectividade do 31 de agosto de 2019.
Non obstante, o profesorado que obtivese destino neste concurso deberá permanecer no seu centro de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.
Sexto. Ao persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos, inspectores ou profesores que obteñan destino desde a situación de persoal suprimido ou desprazado ou exercendo o dereito de retorno, faráselle constar esta circunstancia na dilixencia de toma de posesión.
Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.