Concurso de ORIENTACIÓN 18/19 - Resolución Definitiva no DOG


09 Mai, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación, convocado pola Orde do 26 de novembro de 2018.

Primeiro. Facer pública, como anexo I a esta resolución, a adxudicación definitiva dos destinos ()

Publicar a relación definitiva de excluídos no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro. O persoal que resulte adxudicatario, ademais de prestar servizos no centro base indicado no anexo I desta resolución, está obrigado a desprazarse aos centros compartidos e aos centros adscritos que, se é o caso, consten incluídos nos anexos II e III da antedita orde de convocatoria.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o persoal interesado poderá formular con carácter potestativo recurso de reposición, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo.