Este programa de estancias Profesionais, son visitas de estudo nas que un centro educativo dun dos países participantes acolle a un/a docente español/a por un período de dúas semanas, durante o cal se desenvolverá o plan de actividades programadas conxuntamente. Esta visita non implica impartir docencia.
Os profesores/as seleccionados/as para participar no programa realizarán a estancia profesional en período lectivo do centro de acollida asignado entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, ambos inclusive.
A distribución de prazas é a seguinte: 12 prazas para Alemaña, 3 prazas para Austria, 3 prazas para Bélxica, 2 para Dinamarca, 2 para Finlandia, 22 para Francia, 10 para Italia, 2 para Noruega, 4 para Países Baixos, 3 para Portugal, 40 para Reino Unido e a República de Irlanda, 2 para Suecia e 3 para Suíza. Á hora de elixir país na solicitude, é recomendable ter en conta que en Francia, Alemaña, Austria, Italia e Países Baixos os centros educativos de acollida son case na súa totalidade centros de secundaria e formación profesional.
Os/as docentes interesados/as en participar nesta convocatoria deberán cumprir os seguintes requisitos:
a. Ser funcionario/a de carreira do corpo de Mestres de Educación Infantil e Primaria, Profesores de Ensino Secundario, Catedráticos de Ensino Secundario, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Música e Artes Escénicas e Profesores de Artes Plásticas e Deseño.
b. Estar a impartir docencia directa nun centro español no momento de presentar a solicitude de participación nesta convocatoria.
c. Acreditar, polo menos, un nivel de competencia lingüística equivalente ao nivel B2 establecido no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ( MCERL) do idioma oficial do país elixido. Ademais, poderase optar a estancias en Dinamarca, Finlandia, Noruega, Países Baixos e Suecia acreditando o nivel B2 de inglés.
d. Non gozar dunha axuda para a realización dunha estancia profesional nas cinco últimas convocatorias deste Programa. e. Estar ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
Os/ as funcionarios/ as docentes que reúnan os requisitos esixidos poderán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, accedendo a Acceso ao servicio online
O prazo para presentar solicitudes é de 20 días naturais. ( Do 6 ao 25 de maio)