Porén, parece razoable introducir máis modificacións para mellorar a conciliación da vida familiar e laboral do persoal docente, como eximir da obrigatoriedade de ter un destino definitivo nunha localidade a unha distancia superior a 60 km da localidade de residencia a aquel persoal docente que preste servizos nun centro educativo con xornada partida ou regular a situación do persoal con fillos ou fillas con discapacidade para outorgarlles un tratamento máis favorable.
Por razóns de claridade, en consideración ás modificacións que é preciso realizar, derrógase a Orde do 23 de febreiro de 2018 e apróbase unha nova orde.
Artigo 2. Solicitantes
Poderán solicitar adscrición temporal a tarefas propias do seu corpo en réxime de comisión de servizos por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, a distinta localidade, se é o caso, do seu centro de destino:
a) O persoal funcionario dos corpos docentes regulados na Lei orgánica de educación, dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que se encontre en situación de servizo activo, de excedencia por coidado de familiares ou de excedencia por violencia de xénero no prazo de solicitude establecido no artigo 7.
b) O persoal que superou o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estea pendente de ser nomeado funcionario en prácticas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo de solicitude establecido no artigo 7.
c) O persoal laboral docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que se encontre en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de familiares ou de excedencia por violencia de xénero no prazo de solicitude establecido no artigo 7.
2. Ter, se é o caso, destino definitivo nunha localidade a unha distancia superior a 60 km da localidade de residencia.
Non será exixible este requisito a aquelas persoas que presten servizos nos centros de educación infantil, educación infantil e primaria, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros de educación especial e centros públicos integrados que teñen réxime de xornada partida.
3. Ter solicitado, de reunir os requisitos, agás casos excepcionais que serán valorados pola comisión de valoración, praza no último concurso de traslados para a localidade ou localidades en que se solicita a comisión de servizos.
4. Cando ambos/as os/as cónxuxes ou parella de feito sexan persoal docente, só unha das dúas persoas poderá solicitar a comisión de servizos.
5. Poderán solicitar esta comisión as dúas persoas proxenitoras nos supostos de custodia compartida en virtude de sentenza xudicial
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do fomulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
As persoas interesadas deberán solicitar en primeiro lugar o centro ou centros da localidade ou localidades que se encontren nun raio de 20 km do lugar da súa residencia, agás os centros penitenciarios, os centros de educación permanente de adultos e os centros ordinarios en que se imparten ensinanzas de adultos e aqueloutros centros en que se imparten ensinanzas en réxime de xornada partida, que serán de solicitude voluntaria
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia.
Se nun curso académico non se chega a convocar o concurso de traslados entre o persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, o prazo de solicitude será desde o 15 de abril ata o 30 de abril do ano correspondente.
Disposición adicional cuarta. Obriga de realizar dúas solicitudes
O persoal docente suprimido, desprazado, o persoal funcionario de carreira en expectativa de destino, o persoal nomeado funcionario en prácticas, o persoal que superou o procedemento selectivo correspondente e estea pendente de ser nomeado funcionario en prácticas e o persoal funcionario interino a que se lle conceda unha comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral deberá realizar, ademais da solicitude de comisión de servizos, unha solicitude ordinaria.