Concurso Eduemprende Idea 2019 para o alumnado


11 Mar, 2019

DOG ORDE do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior.

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €

2º premio: 2.000 €

3º premio: 1.000 €

2. Modalidade B: ciclos de grao medio.

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €

2º premio: 2.000 €

3º premio: 1.000 €

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).