Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias nos centros EPA.
2. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, de 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Na segunda parte, de 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
Na sesión da tarde, de 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación.