WEB - Aberto o prazo para solicitar a devolución do IRPF por maternidade e paternidade dos anos 2016 e 2017
A sentenza do Tribunal Supremo do 3 de outubro de 2018 (sentenza 1462/2018) fixa como doutrina legal que “As prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas”. A Dirección Xeral de Tributos interpreta que esta doutrina é igualmente aplicable ás prestacións por paternidade percibidas da Seguridade Social.
Afecta a todos os colectivos: Seguridade Social, Empregados públicos e Autónomos.
Habilitouse un formulario específico para facilitar a solicitude dos anos 2016 e 2017, dispoñible na páxina web da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es), no que a persoa perceptora da prestación deberá indicar en cales deses anos percibiu a prestación e un número de conta bancaria da súa titularidade, onde se abonará a devolución que proceda. (ENLACE Á PÁXINA DE TRÁMITE)
Non é necesario achegar á solicitude un certificado da Seguridade Social acreditativo das prestacións por maternidade/paternidade percibidas, debido a que en cada caso a AEAT solicitará directamente da Seguridade Social toda a información precisa para a resolución do procedemento.
O formulario pode presentarse a través da sede electrónica da Axencia Tributaria utilizando o sistema RENØ (número de referencia para servizos de renda), CL@VEPIN ou Certificado electrónico. O número de referencia ( RENØ) pode solicitarse no portal da AEAT na internet indicando os seguintes datos: Número de DNI e a súa data de validez. Casa 450 da declaración da renda de 2016 ou o últimos cinco díxitos dalgunha conta bancaria na que o interesado figure como titular, se non presentou declaración da renda de 2016.
Alternativamente, poderá utilizarse o formulario en papel para a súa presentación en calquera das oficinas de rexistro da AEAT, aínda que non é válido o uso deste formulario para facer constar datos non contemplados no mesmo, xa que non resulta posible o tratamento informatizado deses datos adicionais. Nese suposto deberá substituírse o uso deste formulario por un escrito no que se describan detalladamente as circunstancias concorrentes, acompañado, no seu caso, da correspondente documentación. Solicitudes previamente presentadas que se atopen pendentes de resolución dun recurso ou reclamación. A aplicación da exención corresponderá ao órgano que estea a coñecer do recurso ou reclamación, sen que sexa precisa a presentación de ningunha solicitude adicional.
- Prestacións percibidas ou que se perciban durante o ano 2018: Na próxima campaña de renda os contribuíntes só terán que confeccionar e presentar as súas declaracións utilizando os datos fiscais que se lles ofrezan. O programa de axuda Renda WEB ofrecerá os datos fiscais incorporando tales prestacións como rendas exentas e as retencións soportadas como plenamente deducibles. Tras o coñecemento da sentenza do Tribunal Supremo, o Instituto Nacional da Seguridade Social ha deixado de practicar retencións sobre as prestacións abonadas, por tratarse de rendas exentas.