OPOSICIÓNS - Restricións ao tráfico en Pontevedra o sábado 23


20 Xun, 2018

WEB - Información importante para as persoas oposi​toras: restricións ao tráfico en Pontevedra o 23/06/2018

Segundo informa a Policía Local do Concello de Pontevedra, o 23/06/2018 terá lugar na cidade do Lérez unha proba deportiva que ten como circuíto o recinto universitario (na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación actuarán os tribunais da especialidade de Organización e Xestión Comercial). Coa finalidade de minimizar o impacto sobre as persoas opositoras que poidan verse afectadas, por parte da Policía Local púxose en marcha un recinto alternativo de estacionamento para ese día no Recinto Feiral, e un sistema de sinalización informativo de guiado para acceder a el.

Produciranse as seguintes restricións: Restricións á circulación de vehículos:
- Pechará o venres 22 de xuño a partir das 17:00 horas a Ponte dos Tirantes.
- Pechará as 14:15 horas o resto do circuíto: Avenida de Compostela (parcial), Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro (Campus Universitario).

A apertura do circuíto agás a Ponte dos Tirantes as 21:00 horas. A ponte dos Tirantes sobre as 23:59 horas.
Restricións de estacionamento:
Nas rúas Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro (Campus Universitario), e Avenida de Compostela (parcial);
prohíbese o estacionamento partir do venres 22 de xuño as 22:00 horas.
***Neste enlace pódese ver as alternativas: Restricións ao tráfico en Pontevedra o 23/06/2018