Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.


14 Mai, 2018

DOG - ORDE do 24 de abril de 2018 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos.

O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018.

O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro de 2017 a marzo 2018 e nos períodos xaneiro a xuño, xaneiro a marzo e abril a xuño de 2018. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2018.

O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2018 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

3. As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, facilitarállelos ao alumnado o centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. Toda esta documentación se xerará a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.