- Prazo: do 6 ao 20 de novembro
- Prazas: 1.500
- Duración e datas: 150 horas en modalidade integramente en liña e titorizada, que se desenvolverá do 12 de xaneiro ao 4 de maio de 2027
- Solicitudes: na web do ministerio con certificado dixital ou dni electrónico - LIGAZÓN
- Requisitos:
a. Ser funcionario docente de carreira ou interino de ensinos regulados pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación en servizo activo ou en excedencia por coidado de familiares, por violencia de xénero ou por violencia terrorista.
b. Non estar en posesión dunha habilitación ou acreditación para o exercicio da función directiva obtida nos oito anos anteriores e que resulte equivalente conforme a disposición adicional segunda do Real Decreto 414/2026, do 27 de maio.
c. Estar ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
Información completa sobre o curso e o seu procedemento de solicitude na ligazón da noticia
Para calquera incidencia ou consulta relacionada con esta solicitude, poden poñerse en contacto con: formacionenred@educacion.gob.es