DOG - RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2026/27 entre o persoal docente dos diferentes corpos que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, os que resultan desprazados por falta de horario, o persoal ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, o persoal interino e substituto e o persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).
- Os nomeamentos remitiranse ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.
- Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, por medios electrónicos, mediante o trámite habilitado para o efecto no procedemento ED002B, perante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE