A creación de seccións bilingües de lingua portuguesa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e de lingua alemá no Conservatorio Superior de Música de Vigo a partir do curso académico 2026/27
-
O profesorado implicado no proxecto de sección bilingüe deberá ser especialista da materia, ter destino definitivo no centro, e acreditar a súa competencia na lingua estranxeira co certificado B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
-
A coordinación da sección bilingüe corresponderá a un/unha docente participante no proxecto.
-
O profesorado participante na sección bilingüe poderá ter, en función da súa dispoñibilidade horaria, ata un máximo de dúas horas lectivas semanais destinadas ás actividades de coordinación, de avaliación e de atención ao programa.
-
O proxecto terá unha duración de dous cursos académicos, prorrogables en períodos de dous cursos académicos, logo do informe favorable do servizo de inspección educativa,