Só para persoal interino ou substituto con posto consolidado nas listas e para chamamentos a partires de setembro.
É un procedemento independiente do CADP, unha vez finalizado este, todo aquel que non obtivera vacante, quedará dispoñible para substitucións e poderá elexir libremente en qué provincia ou provincias quere traballar durante todo o curso académico mentras que para acotar concello ten que ter unha das causas recollidas nesta GUÍA DO PERSOAL INTERINO ou abreviado en : CAUSAS DE RENUNCIA/RESTRICCIÓN DE CONCELLOS
➡️ PRAZO ÚNICO: do 15 de xuño ao 15 xullo
➡️ A solicitude de ACOTAR CONCELLOS, unha vez cuberta en www.edu.xunta.gal/substitutos xunto coa documentación xustificativa deberá presentarse pola sede electrónica mediante solicitude xenérica.
➡️ A solicitude de ACOTAR PROVINCIA deberá formularse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2025, entrando na aplicación www.edu.xunta.gal/substitutos. e unha vez tramitada, non será preciso a súa presentación en sede electrónica. Será obrigatorio incluír provincia/s na/s que se imparta á especialidade correspondente e que a súa opción terá efectos durante todo o curso académico. No caso de que non efectúe opción enténdese que desexa prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.
Para ver todos os pasos a seguir, ler atentamente as instrucións na seguinte: LIGAZÓN
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE.
ANPE responde!