• Noticia nova

CADP 2026 - prazo para non participación de persoal interino/substituto


15 Mai, 2026

WEB Apertura do prazo de presentación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso académico 2026-2027

  • PRAZO: desde o 15 de maio ata o 1 de xuño de 2026, ambos incluídos
  • REQUISITOS: so se pode renunciar a participación se se está nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto do Acordo de interinos

 a) Para atender o coidado dun fillo ou filla menor de seis anos a 1/9/26, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.

 b) Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, (ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída). 

 c) Por enfermidade grave da propia persoa docente. 

 d) Por ser vítima de violencia de xénero ou de violencia sexual ou violencia terrorista.  

 e) Ampliación de estudos oficiais (universitarios: mínimo 30 créditos)

 f) Por calquera das circunstancias que permiten o persoal funcionario público a concesión de servizos especiais.  

 g) Alegar e xustificar ter un contrato de traballo ou prestar servizos noutro posto do sector público.

 h) Alegar e xustificar estar impartindo cursos de formación relacionados coa lingua galega impartidos pola Secretaria Xeral de Política Lingüística ou ben desenvolver un traballo por conta propia.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE