WEB - Borrador do Protocolo do persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia para a prevención e a actuación fronte ao acoso e os actos contrarios á liberdade sexual e á integridade moral no traballo
O novo borrador do protocolo sobre acoso que será levado á mesa de negociación esperta unha fonda preocupación no noso sindicato. Trátase dun documento amplo que pretende abarcar diferentes formas de violencia física, psicolóxica e emocional no ámbito educativo , pero consideramos que a realidade actual, na que o acoso medra e se diversifica (incluíndo tamén o ciberacoso), require respostas máis claras e eficaces.
Desde a nosa organización insistimos en que é fundamental reforzar o coñecemento e a sensibilización de todo o conxunto da comunidade educativa —profesorado, alumnado e familias—, ao tempo que se garante un procedemento áxil, útil e verdadeiramente educativo. Demandamos menos burocracia, máis eficacia e unha resolución rápida das situacións, que poña no centro a protección das vítimas.
Así mesmo, entendemos que a loita contra o acoso non pode recaer unicamente nos centros educativos: é imprescindible unha maior implicación da Administración e do conxunto da sociedade para afrontar con garantías un problema cada vez máis complexo.
Animámosvos a facer chegar as túas aportacións antes do mércores, 15 de abril a galicia@anpe.es: mellorar é un camiño colectivo e debemos intentalo sempre, ata o final.