WEB - ANPE celebrará a xornada informativa en liña «Ciberconvivencia: Estratexias para liderar o benestar dixital no teu centro», dirixida ao profesorado, equipos directivos e orientadores. Un reto educativo de plena actualidade
- DATA: xoves, 12 de marzo de 18.30 h a 19.30 horas
- RELATORES: Aránzazu Basterra y Carlos Alameda
➡️A realidade dixital forma parte do día a día do alumnado e condiciona as súas dinámicas de relación e convivencia.
➡️As situacións vinculadas ao uso de redes sociais, a exposición permanente a pantallas ou os conflitos que se trasladan á contorna virtual esixen unha resposta educativa fundamentada e coordinada.
Durante a sesión, os doutores Aránzazu Basterra e Carlos Alameda abordarán cuestións como o acoso en redes, o grooming (acoso dixital dun adulto a un menor), o sexting (intercambio de imaxes íntimas) ou as condutas asociadas ao uso problemático de dispositivos, así como o papel do docente na prevención, a intervención e o asesoramento ás familias.
Formación especializada para o profesorado. Ademais de ofrecer un espazo de reflexión e actualización profesional, o encontro servirá para presentar un curso válido para sexenios de 40 horas centrado no desenvolvemento de competencias docentes para a promoción do benestar dixital e o desenvolvemento de estratexias preventivas nos centros. Con esta iniciativa, ANPE reafirma o seu compromiso coa formación permanente do profesorado e co impulso dunha convivencia escolar sólida e adaptada á realidade dixital actual.
➡️A actividade é gratuíta para afiliados e ten un custo simbólico de 5 euros para non afiliados.
CÓMO INSCRIBIRSE
- O primeiro de todo, se non o fixo antes, tes que rexistrarte na web https://cursosanpe.es/mi-cuenta/
- Unha vez que completes todos os campos e finalices o rexistro tes que validalo no correo electrónico que chegará á túa dirección electrónica.
- Xa estás rexistrado, agora vas dentro da web https://cursosanpe.es/jornadas-informativas/
- Elixes a xornada informativa concreta e fas clic en consultar.
- Elixes a data e engades a xornada á cesta.
- Fai clic no carriño ou en «Ver cesta» e finaliza preinscrición, posteriormente enche os teus datos persoais.
- Recomendamos non compartir a ligazón que lle chegará coa inscrición, pois as prazas son limitadas e isto podería prexudicar a súa propia participación na mesma.
- A xornada non quedará gravada.
Se queres ver un vídeo titorial de como inscribirse, fai clic na seguinte ligazón: REXISTRO XORNADA/CURSO
PECHE DE MATRÍCULA
12 de marzo de 2026 a las 14:00 horas