• Noticia nova

OPOSICIÓNS 2026 - Sesión informativa en liña de ANPE


26 Feb, 2026

WEB - ANPE ofréceche unha sesión informativa en liña sobre os procesos selectivos para solventar as túas dúbidas.

➡️O vindeiro, martes 3 de marzo ás 18.30 horas

➡️Inscríbete no seguinte enlace: https://forms.gle/FwpUZW44vWZSpjYL8

Se es persoal interino ou estás preparando oposicións, sabemos que este é un momento cheo de dúbidas, cambios e decisións importantes. Por iso, desde ANPE queremos acompañarte e ofrecerche información clara, actualizada e útil.

Inscríbete na nosa sesión informativa en liña e resolve todas as túas preguntas sobre procesos selectivos, listas, baremos e novidades normativas. Será un espazo aberto para orientarte, gañar seguridade e afrontar o proceso con máis confianza.

Non deixes pasar esta oportunidade: infórmate, participa e dá un paso máis cara aos teus obxectivos profesionais. Agardámoste!