WEB - GUÍA RESUMO de ANPE con información sobre os procesos selectivos
Preparar unha oposición é un camiño esixente, pero contar coa información axeitada marca a diferenza. Na nosa guía resumo destacamos o proceso selectivo por riba de todo: explicámolo de maneira clara, paso a paso, para que saibas exactamente que facer en cada fase, tanto se aprobas como se non, incluída a confección de listas, prazos e trámites posteriores.
Queremos que te centres no realmente importante: entender o proceso e actuar con seguridade en cada momento.
Ademais, na contraportada atoparás as direccións das distintas sedes e os teléfonos de contacto, onde estaremos encantados de axudarche persoalmente sempre que o necesites.
Porque preparar ben o proceso tamén é dar cada paso con confianza, ANPE RESPONDE!