• Noticia nova

Convocatoria de postos de Asesor/a Técnico/a Docente (ATD) no INTEF


25 Feb, 2026

WEB - Apertura do prazo de presentación de solicitudes para cubrir postos de Asesor/a Técnico/a Docente (ATD) en comisión de servizos no Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF).

  • PRAZO de SOLICITUDES: ata o 18 de marzo de 2026. (As solicitudes recibidas fóra de prazo teranse en conta para cubrir vacantes no futuro)
  • REQUISITOS

Ser funcionario/a de carreira docente en calquera dos corpos dos ensinos non universitarios e ser nomeado no BOE

Capacidade de traballo en equipo

Coñecemento e uso das TIC

  • PRESENTACIÓN e DOCUMENTACIÓN

Cubrir este  formulario  e adxuntar a seguinte documentación:

  1. Carta de presentación 
  2. Currículum vitae 

Toda a información sobre o tipo de posto, vacacións, horario na ligazón da noticia.

Para calquera dúbida, contacta con:

  • Teléfono: 91 377 83 00
  • Correo electrónico: info.intef@educacion.gob.es