• Noticia nova

Todo o que debes saber se es interina/o ou substituta/o: consulta a nosa GUÍA


20 Feb, 2026

WEB Dereitos e deberes do profesorado interino e substituto: infórmate na nosa GUIA RESUMO, un recurso imprescindible

➡️GUÍA RESUMO DO ACORDO DE INTERINOS E SUBSTITUTOS

Sabemos que o día a día nos centros é intenso e que o tempo sempre vai xusto. Precisamente por iso queremos animarvos a botarlle unha ollada á nosa Guía Resumo de Interinos/Substitutos.

Trátase dun documento práctico, claro e directo, pensado para resolver dúbidas habituais sobre chamamentos, dereitos, permisos, ceses, listas, vacacións e outras cuestións que afectan ao profesorado interino e substituto. A información está sintetizada para que poidades atopar o que precisades de maneira rápida e sinxela.

Coñecer ben os vosos dereitos e procedementos é fundamental para traballar con máis seguridade, evitar incertezas e tomar decisións informadas. Esta guía nace coa vontade de acompañarvos e facilitarvos as cousas.

➡️Animámosvos a lela, compartila e utilizala sempre que a precisedes.

➡️Estar informadas e informados é a mellor ferramenta para defender os nosos dereitos e os nosos deberes.