- Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles (do 24 de febreiro ao 16 de marzo)
- Solicitudes a través de: www.edu.xunta.gal/oposicións (LER DETIDAMENTE a páxina de inicio)
- Axuda para a inscrición
- A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos.
As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego terá que superar unha proba: o día 14 de maio de 2026, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán ao galego.
Orde de actuación:
En primeiro lugar, realizarase a primeira proba polo persoal aspirante polo sistema de ingreso.
A continuación, a actuación do persoal aspirante, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:
a) Persoal aspirante que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece no último parágrafo desta base.
b) Persoal aspirante que concorra pola quenda de prazas reservadas a persoal funcionario de carreira grupos A2.
c) Persoal aspirante que concorra pola quenda de discapacidade intelectual (I) e a continuación pola quenda de discapacidade (D)
d) Restantes aspirantes.
A asignación de aspirantes iniciarase pola letra M do 1º apelido.
O SORTEO DE TRIBUNAIS: 13 de abril de 2026, ás nove 9 horas.
As presidencias dos tribunais concederán a suplencia os que o soliciten e:
- Actuaran como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2021 ou seguintes
- Sexan director@s dalgún centro.
- Teñan permiso sindical a tempo total
- As persoas seleccionadas para participar na modalidade 2 do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE),
- Aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2026 que continúen durante o período en que lles correspondería actuar como membro do tribunal.
- As que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla.
- E as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida.
INICIO do PROCESO: 20 de XUÑO
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE