• Noticia nova

Listas definitivas excluidos para interinidades e substitucións - ORIENTACIÓN Mestres


13 Nov, 2025

WEB - Resolución do 13 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e publica a listaxe definitiva de persoas admitidas e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 correspondentes á lista de Orientación do corpo de mestres.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de febreiro de 2025 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso potestativo de reposición á lista definitiva ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica, utilizando o procedemento ED001A, opción “Recurso de reposición” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo dun (1) mes a contar dende o do día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente un recurso contencioso administrativo no prazo de dous (2) meses ante o xulgado do contencioso administrativo.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE