• Noticia nova

FP - Apertura de bolsa para expertos do sector productivo


21 Out, 2025

WEB - Apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable (590718) 

  • MP1653 - Técnicas de condución.

    MP1655 - Didáctica da ensinanza práctica da condución.

    MP1657 - Seguridade viaria.

  • PRAZO: do 22 de outubro ao 24 de outubro de 2025
  • Anexo I - Declaración responsable e autorización para a consulta de datos persoais
  • Anexo II - Baremo

TAXAS: Os dereitos de inscrición nas bolsas serán de 18,40 euros

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, código 07; Delegación de Servizos Centrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración da Comunidade Autónoma: código 300301).

 

Contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidadese Formación Profesional www.edu.xunta.gal, ante a persoa titular da Dirección Xeral deCentros e Recursos Humanos de acordo  ou directamente un recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses.