- A xunta electoral constituirase entre os días 20 e 24 de outubro de 2025
- As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2025/26 realizaranse entre os días 10 e 14 de novembro de 2025
-
A dirección do centro, como presidencia da xunta electoral, unha vez proclamados os candidatos e candidatas elixidos, dará traslado das copias das actas (anexo I) de cada mesa electoral á Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Logo da constitución do consello escolar, á que se refire o artigo 52 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a dirección do centro remitirá á Dirección Territorial, antes do 15 de decembro de 2025, o informe de seguimento que se publica como anexo II a esta resolución.