• Noticia destacada

Revisión médica anual para o persoal dos centros docentes


26 Set, 2025

WEB - Campaña de vixilancia da saúde 2025/2026 para persoal docente e non docente de centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

  •  A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. A inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal     ​Instrucións para realizar a solicitude
  •  Prazos de inscrición :
  1. Para o persoal substituto: do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2025, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.
  2. Para o persoal nomeado con anterioridade ao 26/09/2025: do 26/09/2025 ata o 31/10/2025.
  3. Para o persoal nomeado con data igual ou posterior ao 26/09/2025: do día 1 ao 20 do mes seguinte a súa toma de posesión.

 

 

Dende ANPE aconsellamos facela entre outras razóns por posibles adaptacións dos postos de traballo, comisións de servizo, incapacidades etc.