Funcionari@s do corpo de Mestres - aberto o prazo para novas habilitacións


03 Set, 2025

WEB - Apertura de prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro,  poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

  •  Prazo: do 1 ao 30 de setembro

As novas especialidades establecidas no anexo RD 1594/2011 do 4 de novembro e na Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres código de procedemento ED020A.

  •  As solicitudes faranse na aplicación de www. edu.xunta.gal/datospersoais > AS MIÑAS INSTANCIAS >  INSTANCIA DE ESPECIALIDADES SETEMBRO 2025 > CREAR NOVA INSTANCIA

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contactade con ANPE.

 

Para contactar co servizo da Consellería:

Teléfono: 981545495/ 881-995888 

Email: persoal.primaria@edu.xunta.gal