- As persoas opositoras seleccionadas que se relacionan no anexo deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento ED001A) e dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a documentación que se relaciona na base 19.1 da Orde do 14 de febreiro de 2025 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro): no prazo de vinte (20) días hábiles ( do 25 de agosto ao 19 de setembro) contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
- Presentación de DOCUMENTACIÓN
- Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses.
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE