• Noticia nova

OPOSICIÓNS 2025 - persoal interino e substituto excluído definitivamente das listas


24 Xul, 2025

WEBResolución do 23 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban e se fan públicas as relacións de persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas desta consellería de conformidade co establecido no punto décimo terceiro, apartado primeiro e segundo, do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto.

  • Resolución do 23 de xullo de 2025 (exclusión de listas)

    Anexo I_Primaria

    Anexo II_Secundaria e outros

  • PRAZO: 1 mes para recurso (do 24 de xullo ao 25 de agosto de 2025, ambos incluídos).
  • RECURSO: interporase por medios electrónicos a través do procedemento PR004A (solicitude xenérica) do seguinte xeito:

    a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 23 DE XULLO DE 2025 PERSOAS EXCLUÍDAS DE LISTAS PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

    b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE