Artigo 17. Causas sobrevidas
Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás direccións territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.
- PRAZO: martes día 15 de xullo ata o día 16 de xullo de 2025, ambos incluídos.
- SOLICITUDE: de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE