• Noticia nova

MUFACE - novo concerto de asistencia sanitaria nacional


30 Abr, 2025

WEBMUFACE asina con Adeslas e Asisa o concerto que garante a asistencia sanitaria nacional dende o 1 de maio do 2025 ata o 31 de decembro de 2027

NOVIDADES DO CONCERTO:

  • Un segundo período para o cambio ordinario de entidade en xuño, ademais de en xaneiro, como recollía o anterior acordo (da asistencia sanitaria pública á concertada, viceversa ou entre aseguradoras).

Este ano, ademais, abrirase un período especial para o cambio que se estenderá do 1 ao 31 de maio onde calquera mutualista poderá optar, se o desexa, pola entidade que libremente considere, sexa o sistema sanitario público (INSS) ou concertado (ADESLAS ou ASISA).

Ademais, o colectivo mutualista actualmente adscrito a DKV terá o mesmo prazo para realizar o cambio forzoso a outra entidade (INSS, ADESLAS ou ASISA). Se non realizasen este cambio entre o 1 e o 31 de maio, serán adscritos ao INSS de oficio.

  • Implantarase, ademais, un sistema de emisión electrónica dos partes de incapacidade temporal (IT), risco durante o embarazo (RE) e risco durante a lactación natural (RLN).

 

Concerto da Mutualidade Xeral de Funcionarios civis do Estado con entidades de seguro para o aseguramento do acceso á asistencia sanitaria en territorio nacional