• Noticia nova

Apertura de listas interinidades/substitucións de EOI: Galego e Portugués


25 Abr, 2025

WEB Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

  • 592009 Galego

592015 Portugués

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 28 de abril ata o luns 5 de maio de 2025, ambos incluídos.

​​Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo

Anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede: https://ovt.atriga.gal

(Códigos: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, código 07; Delegación de Servizos Centrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración da Comunidade Autónoma: código 300301).

Os dereitos de inscrición nas listas serán de 18,40 euros por cada especialidade

LIGAZÓN á LISTA DE TITULACIÓNS ESIXIDAS

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE