Primera sentenza firme que recoñece o dereito ao permiso parental retribuido


09 Abr, 2025

WEBO Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Cuenca ditou a primeira sentenza firme en España que recoñece o dereito dunha traballadora para gozar do permiso parental de 8 semanas retribuído

  • O prazo para a transposición da Directiva Europea (UE) 2019/1158 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa á Conciliación da Vida Familiar e a Vida Profesional, finalizou o 2 de agosto de 2024. 

Dicha directiva establece a obrigatoriedade de que o permiso parental de oito semanas sexa retribuído:

O noso ordenamento contempla a posibilidade de reclamar fronte á inactividade da Administración nestes casos. A xurisprudencia reafírmao sempre que sexan suficientemente precisas, incondicionais e atribúan dereitos aos particulares. Esta sentenza aprecia estes condicionantes neste caso e considera que os tribunais deben recoñecer este permiso coa retribución correspondente.  Esta sentenza tamén subliña que a falta de regulamentación en España non debe prexudicar os dereitos das traballadoras e traballadores, e insta ao Goberno a implementar a Directiva europea sen máis demora para garantir a igualdade e a conciliación laboral. ​

ANPE anima a reclamar aos docentes que se atopan na mesma situación, coa finalidade de que o aumento de demandas presione ao Goberno para que acelere a modificación do noso ordenamento xurídico, aliñándoo coas esixencias da Unión Europea de retribuír o permiso parental.