• Noticia nova

Nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica


21 Xan, 2025

DOG - ORDE do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025.

  • Retribucións do persoal docente non universitario:

- No anexo V reflíctese o Acordo entre a Consellería de Educación e sindicatos ANPE, CCOO e UXT (publicado no DOG do 17 de xaneiro de 2024), que inclúe melloras nas condicións laborais e no funcionamento do sistema educativo: suba do 10% en sexenios e titoria e 20€ para os cargos directivos.

- Anexo V e VI: Nómina e descontos persoal docente

ANPE segue reclamando o cobro da paga extra íntegra, é dicir, unha dobre mensualidade coma o resto dos traballadores. Recordamos que a partir de anos posteriores á crise, os docentes recuperamos algúns conceptos retributivos, pero as pagas extraordinarias non volveron incluír a totalidade do complemento específico que se percibe nas mensualidades ordinarias.

A1 > Soldo: 1.326,90 //  Paga extra: 818,82    Trienio: 51,07 € > Paga extra: 31,53€

A2 > Soldo1.147,35  //  Paga extra: 836,78   Trienio: 41,65€  > Paga extra: 30,37€