MUFACE - Movilización plataforma intersindical en Madrid


16 Xan, 2025

WEB - Plataforma Intersindical anuncia unha mobilización para o 22 de xaneiro fronte ao colapso sanitario

Funcionarios de todos os sectores unímonos fronte á crise de MUFACE, que, de non resolverse, acarrexará graves consecuencias para o conxunto da poboación.

Os sindicatos ANPE, FEDECA, SIAT, SPP, SUP UFP, USIE e USO, que representan unha ampla porcentaxe de funcionarios civís, decidimos unir forzas fronte á crise aberta entre aseguradoras sanitarias e o Goberno, que supón un grave risco para o servizo sanitario de toda a poboación.

A absorción de funcionarios polo sistema público de saúde acarrexaría consecuencias devastadoras nalgunhas comunidades autónomas que, a día de hoxe, a duras penas poden dar servizo a todos os cidadáns.

A mala xestión e a falta total de previsión, sumadas ao proxecto encabezado pola ministra de Sanidade para facer desaparece a mutua, leváronnos ao punto no que nos atopamos agora: un abandono de pacientes, algún deles en tratamento, levándonos a todos a unha dramática situación de incerteza.

 Pedimos tamén responsabilidade ás aseguradoras, tanto ás que veñen participando no concerto como ao resto. Lembramos que a atención sanitaria dos mutualistas nunca foi gratis e incluso axudou a mellorar a imaxe de compañías do sector. Hai que lembrar que non nos atenderon gratis durante os anos nos que necesitaban aos funcionarios para crecer e mellorar a imaxe das súas compañías, para que agora nos despachen deste xeito.

 Aínda que algunhas voces tratan de restar importancia ao desembarco na sanidade pública dun millón e medio de novos pacientes, é evidente que causaría un forte impacto, sobre todo en comunidades autónomas que xa están vivindo un colapso e que sen dúbida no poderían soportar esta nova situación.

 A mobilización do vindeiro día 22 de xaneiro, ás 14:00 horas na sede de MUFACE en Rúa Juan XXIII número 26 Madrid, é unha demostración da unidade dos funcionarios civís fronte ao que, sen ningunha dúbida, pode acarrexar unha crise sen precedentes na sanidade de todos os españois.

 Fronte á impericia dos políticos e a falta de ética das aseguradoras, a unión de todos os funcionarios esixindo ao Goberno e aseguradoras responsabilidade, compromiso e un esforzo ás partes para a resolución do problema.