WEB - A Consellería vén de anunciar a Oferta de Emprego Público para 2025, pero faino sen detallar o desglose de prazas nin aclarar cantas delas serán estruturais.
A medida foi adoptada sen contar coa participación previa das organizacións sindicais e sen achegar o informe sobre as prazas estruturais, fundamentais para a planificación das oposicións, malia o compromiso previo da Consellería.
1.434 prazas, 230 de promoción interna, das cales 10 serán para o corpo de inspectores de educación e as 220 para pasar do corpo A2 ao A1.
Esta opacidade, sumada a unha oferta que a priori consideramos insuficiente, é un reflexo preocupante da falta de compromiso coa dotación de persoal nos centros educativos.
Os recursos humanos son esenciais para garantir unha atención adecuada á diversidade nas aulas, impulsar os proxectos educativos en marcha e manter unha educación de calidade para todo o alumnado. Sen esquecer os miles de opositores que, a tan só catro meses dos exames, aínda descoñecen se se convocará a súa especialidade. Dende ANPE levamos anos solicitando coñecer o deglose da OEP dende comezos de curso e a última por rexistro: ANPE solicita a través de rexistro a Oferta de Emprego Público 2025
Esta situación reflicte a escasa atención que o Goberno da Xunta parece dedicar ás necesidades reais da comunidade educativa transmitida día tras día por todos nos.