ANPE Galicia alerta ao Presidente da Xunta sobre o futuro de MUFACE


13 Dec, 2024

WEB - ANPE Galicia advirte ao Presidente da Xunta sobre os riscos de non renovar o concerto de MUFACE para o benestar da comunidade e o sistema sanitario

O Presidente de ANPE Galicia transmitiu ao Pte da Xunta a súa preocupación polo benestar da comunidade e polo impacto que tería a non renovación do concerto de MUFACE no sistema sanitario español. De non renovarse o concerto de MUFACE, os beneficiarios veríanse forzados a integrarse masivamente no sistema público, o que provocaría as seguintes consecuencias:

  • Sobrecarga do sistema público de saúde: A integración de centos de miles de novos usuarios no sistema público xeraría un colapso nas atencións primaria, hospitalaria e especializada, incrementando as listas de espera e afectando a calidade da atención a toda a poboación.
  • Perda de calidade asistencial: O aumento masivo da demanda levaría a unha atención máis dilatada e menos personalizada, erosionando a calidade do servizo e poñendo en risco a saúde dos cidadáns.
  • Impacto económico: Este cambio súbito implicaría un aumento significativo no gasto sanitario público, desestabilizando os orzamentos das administracións autonómicas e nacionais, e comprometendo a sustentabilidade do sistema sanitario.

Por todo isto, ANPE solicita ao Pte da Xunta que inste tanto ao Goberno de España como ás aseguradoras a renovar de forma urxente o concerto de MUFACE para garantir a continuidade desta fórmula sanitaria que afecta a centos de miles de persoas na nosa comunidade e contribúe á eficiencia e sostibilidade do sistema sanitario no seu conxunto.