Prevese que as pensións contributivas suban un 2,8% no 2025


29 Nov, 2024

WEB - Prevese que as pensións contributivas suban un 2,8% no 2025 tras a publicación do IPC

A Lei 21/2021, do 28 de decembro, de garantía do poder adquisitivo das pensións e outras medidas de reforzo da sustentabilidade financeira e social do sistema público de pensións, establece que a subida das pensións debe ser acorde ao IPC medio dos doce meses precedentes, é dicir, entre decembro de 2023 e novembro de 2024.

Publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) o indicador adiantado do IPC, á espera da súa confirmación para mediados de decembro, pódese prever unha revalorización das pensións contributivas en torno ao 2,8%.