DOG - ORDE do 13 de novembro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).
>> Poden participar persoal funcionario de carreira ou funcionario en prácticas
>> SOLICITUDE: http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica.
>> PRAZO: desde o día 27 de novembro de 2024 ao día 18 de decembro de 2024, ambos incluídos.
>> Vacantes (Anexo III)
O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na do CXT e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral (CXT).
Poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE