• Noticia nova

Resolución definitiva excluidos da lista de Relixión Católica


21 Nov, 2024

WEB - Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400).

>> Poderase formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A.

>> Relación definitiva de persoas excluídas

>> Baremo definitivo

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE