WEB - ANPE demanda ao Executivo que destine ao novo concerto unha partida acorde coa asistencia sanitaria de calidade que merecen os funcionarios, na que os servizos médicos ofertados non se vexan mermados, senón que, pola contra, melloren as súas prestacións aos mutualistas.
>> Como primeira forza sindical entre o profesorado do ensino público non universitario –colectivo maioritario entre as persoas afiliadas a Muface–, ANPE bota en falta máis transparencia por parte do Goberno e da propia mutualidade en todo este proceso, e esixe que a partir de agora exista unha comunicación máis fluída coas organizacións representativas do funcionariado.
Ante as noticias dos últimos días sobre a posible "desaparición" de MUFACE e a transición a SNS, este é o informe/estudio do Ministerio a este respecto. Como afectados debemos coñecer todos os números de primeira man e non noticias sesgadas:
>> MUFACE: del seguro privado al Sistema Nacional de Salud. Ministerio de Sanidad Noviembre 2024.